Con apenas unhas semanas de vida, a Asociación Liberal do Estudantado Galego obtivo representación nas Xuntas de Facultade de Medicina e Ciencias Políticas, facultades onde presentou candidaturas nas presentes eleccións.
Desde ALEGa agradecemos o apoio a tódolos que nós votaron e aos que traballaron ó noso carón para acadar este éxito.
Por vez primeira, unha asociación liberal estará presente nas Xuntas de Facultade da USC.
Agardamos que isto só sexa o comezo e continuamos a traballar para seguir dando a coñecer o liberalismo na universidade.
terça-feira, 22 de maio de 2012
quinta-feira, 10 de maio de 2012
Xornadas sobre pensamento liberal de ALEGa
A Asociación Liberal do Estudantado Galego celebrará os días 14 e 15 de maio unhas Xornadas sobre pensamento liberal no Salón de Graos de Ciencias Políticas.
O luns 14 de maio ás 11 horas, intervirá Carlos V. Padín, Secretário Xeral do partido liberal Converxencia XXI, onde exporá a súa visión sobre o Nacionalismo Liberal en Galicia.
O martes 15 de maio ás 11 horas, falará Antonio Carlos Pereira Menaut, Doutor en Dereito, sobre o Constitucionalismo Británico.
quarta-feira, 25 de abril de 2012
Xuntanza aberta de ALEGa este sábado 28 de abril
Aproveitando o éxito da xuntanza aberta do pasado sábado 21, a Asociación Liberal do Estudantado Galego decide convocar unha nova xuntanza aberta para este sábado 28 de abril.
A xuntanza terá lugar ás 17:30 horas no Bar Derby de Santiago de Compostela.
Desde ALEGa continuamos coa difusión dos ideais liberais entre os estudantes galegos.
Anímate a vir e descubre o teu lado liberal!

sábado, 21 de abril de 2012
ALEGa estará presente no Congreso do European Liberal Youth
A Asociación Liberal do Estudantado Galego estará presente no Congreso do LYMEC - European Liberal Youth - que terá lugar os días 11-13 de maio en København (Dinamarca).
O responsábel de relacións internacionais, Víctor Neira, asistirá en representación de ALEGa ó Congreso das mocidades liberais europeas, unha cita que reforzará a nosa ligazón e que pretende sentar as bases dunha colaboración fructífera para o liberalismo galego e europeo.
Esta será a primeira vez na que unha asociación galega participa nun acto do European Liberal Youth.
Así mesmo, ALEGa está realizando as xestións pertinentes para presentar a súa candidatura ao ingreso no LYMEC, inicialmente coma membro observador.
quarta-feira, 18 de abril de 2012
ALEGa preséntase ás eleccións ás Xuntas de Facultade
Tras apenas unhas semanas da súa creación, a Asociación Liberal do Estudantado Galego afronta as súas primeiras eleccións ás Xuntas de Facultade da Universidade de Santiago de Compostela coa concorrencia de 6 candidatos.
ALEGa presentará 4 candidatos na Facultade de Ciencias Políticas e 2 candidatos na Facultade de Medicina co obxectivo de ser unha voz potente na Universidade en defensa dos estudantes.
Podes seguir a nosa acutalidade nas redes sociais.
.

Xuntanza aberta de ALEGa este sábado 21 de abril
A Asociación Liberal do Estudantado Galego celebrará unha xuntanza aberta en Santiago de Compostela este sábado 21 de abril.
A xuntanza aberta terá lugar no Bar Derby - Santiago de Compostela - a partires das 17:00 horas.
Desde ALEGa animamos a todas aquelas persoas que desexen coñecer o noso novo proxecto liberal e galeguista a que asistan á xuntanza.

Assinar:
Comentários (Atom)