sábado, 21 de abril de 2012
ALEGa estará presente no Congreso do European Liberal Youth
A Asociación Liberal do Estudantado Galego estará presente no Congreso do LYMEC - European Liberal Youth - que terá lugar os días 11-13 de maio en København (Dinamarca).
O responsábel de relacións internacionais, Víctor Neira, asistirá en representación de ALEGa ó Congreso das mocidades liberais europeas, unha cita que reforzará a nosa ligazón e que pretende sentar as bases dunha colaboración fructífera para o liberalismo galego e europeo.
Esta será a primeira vez na que unha asociación galega participa nun acto do European Liberal Youth.
Así mesmo, ALEGa está realizando as xestións pertinentes para presentar a súa candidatura ao ingreso no LYMEC, inicialmente coma membro observador.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário