A Xunta Directiva provisional acordou fixar a data da convocatoria para as Asambleas Xerais extraordinaria e ordinaria, que estaban previstas para o mes de febreiro, no día sábado 18/02/2012 ás 10:00 horas na Biblioteca Anxel Casal, en Santiago de Compostela.
A nova Xunta Directiva, segundo os Estatutos, terá os seguintes postos:
-Presidente-
-Vicepresidente-
-Secretário-
-Tesoureiro-
-Vogais-
Na Asamblea Xeral ordinaria poderanse presentar un número ilimitado de candidaturas, cumprindo cos requisitos estatutarios, e gañará aquela que acade maioría absoluta.
Na Asamblea Xeral extraordinaria previa debatiranse os diversos temas pertinentes sobre xestión e obxectivos da asociación.
Desde a actual Xunta Directiva animámosvos a tod@s a participar deste proxecto aberto e plural necesario para a sociedade galega e, especialmente, necesario para os estudantes galegos.
.
Nenhum comentário:
Postar um comentário