Hoxe, día 18 de febreiro do 2012, cumprindo co acordado na Asamblea Fundacional do pasado mes de decembro, celebráronse en Santiago de Compostela as Asambleas Xerais extraordinaria e ordinaria da Asociación Liberal do Estudantado Galego.
Na Asamblea Xeral extraordinaria acordóuse a política internacional que levará a cabo ALEGa, fundamentalmente enfocada ás relacións coa familia liberal europea, debatéronse os métodos de difusión da mensaxe liberal entre a mocidade e aprobóuse por unanimidade a creación das seguintes áreas estratéxicas:
- Relacións internacionais.
- Comunicación e relacións externas.
- Difusión e rede.
- Expansión e innovación.
Na Asamblea Xeral ordinaria elixíuse por unanimidade a Xunta Directiva formada por:
- Presidente: Diego Santos Ferreira
- Vicepresidente: Mateo Santiago Franco Rodríguez
- Tesoureiro: Javier Botana Botana
- Secretário: Wenceslao Posada Bolaño
- Vogal: Víctor Neira Pita
.
sábado, 18 de fevereiro de 2012
domingo, 12 de fevereiro de 2012
Modifícase o lugar de celebración das Asambleas Xerais
Con motivo de facilitar a asistencia ás Asambleas Xerais, a Xunta Directiva da Asociación Liberal do Estudantado Galego acordou modificar o lugar de celebración das Asambleas Xerais extraordinaria e ordinaria, convocadas para o sábado 18 de febreiro de 2012 ás 10:00 horas, que pasarán a ter lugar na Biblioteca Anxel Casal, en Santiago de Compostela.
Procuramos a participación de todos aqueles estudantes liberais que desexen formar parte deste proxecto co fin de promover os ideais que sirvan como semente para a construcción dunha sociedade máis libre, máis próspera, onde haxa unha mellor calidade de vida e se respeten os dereitos individuais.

quinta-feira, 2 de fevereiro de 2012
A Xunta Directiva acorda celebrar Asambleas Xerais o sábado 18 de febreiro
A Xunta Directiva provisional acordou fixar a data da convocatoria para as Asambleas Xerais extraordinaria e ordinaria, que estaban previstas para o mes de febreiro, no día sábado 18/02/2012 ás 10:00 horas na Biblioteca Anxel Casal, en Santiago de Compostela.
A nova Xunta Directiva, segundo os Estatutos, terá os seguintes postos:
-Presidente-
-Vicepresidente-
-Secretário-
-Tesoureiro-
-Vogais-
Na Asamblea Xeral ordinaria poderanse presentar un número ilimitado de candidaturas, cumprindo cos requisitos estatutarios, e gañará aquela que acade maioría absoluta.
Na Asamblea Xeral extraordinaria previa debatiranse os diversos temas pertinentes sobre xestión e obxectivos da asociación.
Desde a actual Xunta Directiva animámosvos a tod@s a participar deste proxecto aberto e plural necesario para a sociedade galega e, especialmente, necesario para os estudantes galegos.

Assinar:
Postagens (Atom)