Asociación Liberal do Estudantado Galego
domingo, 10 de março de 2013
Debate sobre a influencia da relixión nos sistemas económicos
O debate resultou ser un éxito e tamén xerou unha grande espectación entre o estudantado que acudiu en masa a presencialo.
A continuación podes ver algunhas fotos do acto, para máis información visitanos en facebook e twitter.
domingo, 28 de outubro de 2012
Nova Xunta Directiva, funcións estratéxicas e folla de ruta
A Asamblea Xeral ordinaria da Asociación Liberal do Estudantado Galego, celebrada o pasado sábado 27 de outubro, elixiu a nova Xunta Directiva, así como as funcións estratéxicas e a folla de ruta a seguir por parte da asociación.
A nova Xunta Directiva elixida pola Asamblea é a seguinte:
- Presidente: Javier Botana Botana
- Vicepresidente e Secretario de organización: Antonio Balseiro Rama
- Tesoureiro: Mateo Santiago Franco Rodríguez
- Secretaria e vogal de afiliación: Beatriz Lorenzo Blanco
- Vogal de internet e redes sociais - Community manager: Adrián Ansede Taboada
- Vogal de expansión e eventos: Fernando García Pardo
- Vogal de relacións internacionais: Victor Neira Pita
A Asamblea tamén aprobou a asunción das seguintes funcións por parte da Xunta Directiva:
- Presidente: Representación e xestión técnica da asociación.
- Vicepresidente: Asumir as funcións do presidente na súa ausencia.
- Secretario de organización: Encárgase de tódalas xestións pertinentes para a organización de todo tipo de eventos na universidade.

- Tesoureiro: Encárgase
das finanzas da asociación e de atopar vías de financiamento.
- Secretario: Ocúpase de levantar acta nas reunións da Xunta Directiva e de toda a comunicación interna da asociación.
- Vogal de internet e redes sociais – community manager: Ocúpase de todo o relacionado coa difusión e expansión da asociación en internet e nas redes sociais.
- Vogal de expansión e campañas: Encárgase de idear campañas co fin de promover o liberalismo e ALEGa entre o estudantado.
- Vogal de eventos: Encárgase da organización técnica dos eventos que faga a asociación.
- Vogal de relacións internacionais: Encárgase da comunicación internacional.
- Vogal de afiliación e simpatizantes: Ocúpase da xestión dos datos da afiliación e simpatizantes da asociación.

segunda-feira, 22 de outubro de 2012
Asamblea ordinaria o sábado 27 de outubro
A Asociación Liberal do Estudantado Galego celebrará unha Asamblea
ordinaria para elixir á súa nova Xunta Directiva e renovar o organigrama da
asociación co fin de axustarse do mellor xeito posible ás necesidades que lle
son presentadas.
A Asamblea terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 27 de outubro. Será a partir das 16:30 horas no Restaurante Bocalino (Rúa da República Arxentina, nº11)
Neste curso académico, a asociación
procurará continuar a súa expansión, o espallamento do ideario liberal entre os
universitarios galegos e a realización de xornadas de diversos temas como a
economía, as liberdades civís e demáis asuntos na Universidade.
sexta-feira, 21 de setembro de 2012
Convocada Asamblea Xeral ordinaria para o 27 de outubro
A Asociación Liberal do Estudantado Galego ven de convocar unha Asamblea Xeral ordinaria para elixir democraticamente a súa nova Xunta Directiva e renovar as súas áreas funcionais estratéxicas.
O requerimento para participar con voz e voto na Asamblea é ser afiliado da asociación. Os afiliados deberán aboar in-situ unha cota de 5 euros en concepto do 2º semestre de 2012. Os simpatizantes poderán asistir á Asamblea, mais non terán dereito a voto nin á participación directa na asociación.
A Asamblea terá lugar, previsiblemente, o sábado 27 de outubro en Santiago de Compostela, a hora e o lugar están pendentes de confirmación definitiva.
En todo caso, aqueles afiliados que non poidan asistir á Asamblea non terán ningún problema para participar na dinámica da asociación.
terça-feira, 14 de agosto de 2012
O coñecemento nos libros e na reflexión persoal
O galego Miguel Anxo Bastos recomenda unha serie de lecturas de autores liberais, socialdemócratas e comunistas para poder acadar unha perspectiva de coñecemento sobre os diferentes sistemas económicos que permita unha reflexión persoal sobre os mesmos.
segunda-feira, 18 de junho de 2012
ALEGa celebra o fin de curso 2011/12
A Asociación Liberal do Estudantado Galego celebrou o pasado venres 15 de xuño unha cea para despedir o curso universitario compartindo uns momentos distendidos de confraternización.
Con apenas unhas semanas de existencia, ALEGa xa acadou unha importante relevancia dentro do mundo estudantil amosándose como unha asociación moi atractiva para os novos liberais.
Assinar:
Postagens (Atom)