sexta-feira, 16 de dezembro de 2011

Nace a Asociación Liberal do Estudantado Galego

Nace a Asociación Liberal do Estudantado Galego (ALEGa), integrada na familia liberal galega que conforman actualmente a Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia e Converxencia XXI, como un medio máis para servir á sociedade galega.

A Asociación Liberal do Estudantado Galego pretende ser unha ferramenta de utilidade para que tódolos estudantes galeg@s que o desexen poidan participar na promoción e defensa dos ideais de liberdade e galeguismo no eido da Universidade a través das diferentes actividades que desenvolverá a asociación.

ALEGa, como asociación autónoma, liberal e aperturista que é, busca a participación de tódolos estudantes galegos que compartan as nosas ilusións por traballar en prol do espallamento das ideas liberais e galeguistas na sociedade galega e fai un chamamento a tódolos estudantes a traballar nesta liña.

Um comentário:

  1. Unha moi boa nova.

    Agardo que a asociación teña un longo e fructífero percorrido nesta Galicia nosa que tanto descoñece o liberalismo.

    Saúde e terra!

    ResponderExcluir