terça-feira, 14 de agosto de 2012
O coñecemento nos libros e na reflexión persoal
O galego Miguel Anxo Bastos recomenda unha serie de lecturas de autores liberais, socialdemócratas e comunistas para poder acadar unha perspectiva de coñecemento sobre os diferentes sistemas económicos que permita unha reflexión persoal sobre os mesmos.
segunda-feira, 18 de junho de 2012
ALEGa celebra o fin de curso 2011/12
A Asociación Liberal do Estudantado Galego celebrou o pasado venres 15 de xuño unha cea para despedir o curso universitario compartindo uns momentos distendidos de confraternización.
Con apenas unhas semanas de existencia, ALEGa xa acadou unha importante relevancia dentro do mundo estudantil amosándose como unha asociación moi atractiva para os novos liberais.
terça-feira, 22 de maio de 2012
ALEGa entra nas Xuntas de Facultade onde presentou candidaturas
Con apenas unhas semanas de vida, a Asociación Liberal do Estudantado Galego obtivo representación nas Xuntas de Facultade de Medicina e Ciencias Políticas, facultades onde presentou candidaturas nas presentes eleccións.
Desde ALEGa agradecemos o apoio a tódolos que nós votaron e aos que traballaron ó noso carón para acadar este éxito.
Por vez primeira, unha asociación liberal estará presente nas Xuntas de Facultade da USC.
Agardamos que isto só sexa o comezo e continuamos a traballar para seguir dando a coñecer o liberalismo na universidade.
Desde ALEGa agradecemos o apoio a tódolos que nós votaron e aos que traballaron ó noso carón para acadar este éxito.
Por vez primeira, unha asociación liberal estará presente nas Xuntas de Facultade da USC.
Agardamos que isto só sexa o comezo e continuamos a traballar para seguir dando a coñecer o liberalismo na universidade.
quinta-feira, 10 de maio de 2012
Xornadas sobre pensamento liberal de ALEGa
A Asociación Liberal do Estudantado Galego celebrará os días 14 e 15 de maio unhas Xornadas sobre pensamento liberal no Salón de Graos de Ciencias Políticas.
O luns 14 de maio ás 11 horas, intervirá Carlos V. Padín, Secretário Xeral do partido liberal Converxencia XXI, onde exporá a súa visión sobre o Nacionalismo Liberal en Galicia.
O martes 15 de maio ás 11 horas, falará Antonio Carlos Pereira Menaut, Doutor en Dereito, sobre o Constitucionalismo Británico.
quarta-feira, 25 de abril de 2012
Xuntanza aberta de ALEGa este sábado 28 de abril
Aproveitando o éxito da xuntanza aberta do pasado sábado 21, a Asociación Liberal do Estudantado Galego decide convocar unha nova xuntanza aberta para este sábado 28 de abril.
A xuntanza terá lugar ás 17:30 horas no Bar Derby de Santiago de Compostela.
Desde ALEGa continuamos coa difusión dos ideais liberais entre os estudantes galegos.
Anímate a vir e descubre o teu lado liberal!
A xuntanza terá lugar ás 17:30 horas no Bar Derby de Santiago de Compostela.
Desde ALEGa continuamos coa difusión dos ideais liberais entre os estudantes galegos.
Anímate a vir e descubre o teu lado liberal!
sábado, 21 de abril de 2012
ALEGa estará presente no Congreso do European Liberal Youth
A Asociación Liberal do Estudantado Galego estará presente no Congreso do LYMEC - European Liberal Youth - que terá lugar os días 11-13 de maio en København (Dinamarca).
O responsábel de relacións internacionais, Víctor Neira, asistirá en representación de ALEGa ó Congreso das mocidades liberais europeas, unha cita que reforzará a nosa ligazón e que pretende sentar as bases dunha colaboración fructífera para o liberalismo galego e europeo.
Esta será a primeira vez na que unha asociación galega participa nun acto do European Liberal Youth.
Así mesmo, ALEGa está realizando as xestións pertinentes para presentar a súa candidatura ao ingreso no LYMEC, inicialmente coma membro observador.
Assinar:
Postagens (Atom)